Ignorar comandos de fita
Saltar ao contido principal

Logo Corporativo Logo Centro

Rede de Transporte Sanitario Urxente (RTSU)

24/04/2012
A Rede de Transporte Sanitario Urxente de Galicia (RTSU) é unha rede integral, coordinada, e permanente de ambulancias de urxencia, deseñada para dar resposta ás necesidades diversas de asistencia e transporte sanitario urxente extrahospitalario as 24 horas do día, os 365 días do ano dando cobertura á totalidade da Comunidade galega.

1997: o 061 pon en funcionamento 9 unidades de soporte vital avanzado (USVA) operativas 365 días ao ano, 7 terrestres, con dotación de médico, enfermeiro e dous técnicos en transporte sanitario (TTS), que dan cobertura ás 7 principais cidades galegas operativas 24 horas, e 2 aéreas, con dotación de médico, enfermeiro operativas de orto a ocaso.

1998: ponse en marcha 76 ambulancias de soporte vital básico (USVB), coordinadas e activadas exclusivamente a través da Central de Coordinación do 061, operativas 24 horas ao día, con dotación de dous TTS. Créase por primeira vez en Galicia unha rede permanente de ambulancias de urxencia, que dá cobertura á totalidade da Comunidade.

2000: ponse en marcha 14 novas USVB, reforzando a cobertura nas principais cidades galegas.

2001-2004: incorporación de DESA nas USVB. Posta en marcha de 9 novas USVB.

2005: 2 novas USVA terrestres, co fin de iniciar o Programa Galego de Atención ao Infarto Agudo de Miocardio (PROGALIAM).

2007: 3 novas USVB. Créanse 14 áreas de transporte sanitario urxente, reorganizando a contratación.

2008-2010: reorganización das ambulancias existentes, co fin de adecuarse á demanda e achegalas aos Puntos de Atención Continuada (PAC) de Atención Primaria.
 
RTSU-1.jpg
Modificado: 03/05/2012
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida na internet por la Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
rss
container container