Ignorar comandos de fita
Saltar ao contido principal

Logo Corporativo Logo Centro

Consulta e información sanitaria

23/03/2012
CONSULTA SANITARIA.jpg
 
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pon á disposición do cidadán o servizo de Consulta Sanitaria a través do teléfono902 400 116,cuxa actividade é atendida, fundamentalmente, por persoal de enfermaría, respaldado polo equipo médico de coordinación sanitaria.

Deste xeito intégrase nunha mesma sala operativa a xestión da urxencia e a emerxencia extrahospitalaria, o transporte sanitario e a consulta sanitaria non urxente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na Consulta Sanitaria 902 400 116 traballamos para resolver cuestións como as seguintes:

Dúbidas sobre:
  • Trámites e consultas administrativas.
  • Enfermidades: formas de contaxio, signos e síntomas, coidados de enfermaría relacionados.
  • Fármacos e produtos sanitarios.
  • Preparación probas diagnósticas: analíticas sanguíneas, colonoscopias, ecografías, ecocardiogramas, etc.
  • Dietas.
  • Exercicio físico e hábitos de vida saudable.
  • Anticonceptivos.
  • Vacinas: calendario de vacinas infantil, reaccións a vacinas, coidados relacionados.
Coidados de enfermería:
  • Persoas con problemas crónicos.
  • Coidados de enfermaría no embarazo e lactancia,
  • Coidados a pacientes con alteracións da mobilidade.
  • Coidados relativos a deterioro da integridade cutánea e/ou mucosa: queimaduras, feridas, férulas, xesos,…
Consultas sobre dispositivos tipo sonda nasogástrica, sonda vesical, PEG, vías venosas periféricas, osíxeno domiciliario, glucómetros, …
  • Información e coidados.
  • Actuación ante incidencias.
  • Actuación ante hematurias, oligurias, anurias, …
  • Mobilización de DUE para solución en domicilio.
  • Activación de recurso de transporte sanitario para traslado ao centro útil de referencia.
  • Osíxeno domiciliario.
  • Glucómetros: interpretación de mensaxes de display, formas de uso, etc.
Modificado: 21/05/2012
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida na internet por la Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
rss
container container