Ignorar comandos de fita
Saltar ao contido principal

Logo Corporativo Logo Centro

Acude e axuda

12/03/2018

1- ¿En que consiste o programa?

O programa "Acude e Axuda" é pioneiro en España, ten por finalidade rexistrar un grupo de persoas voluntararias, formadas en reanimación cardio-pulmonar e manexo de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA), que cubran todo o territorio galego, creando así una rede de posibles "salvadores" de vidas (reanimadores), facendo da nosa Comunidade unha Comunidade Cardioprotexida.

2- ¿Que formación se necesita para pertencer ao listado de voluntarios do programa?

Poderán pertencer a dito programa: Todas aquelas persoas que estean en posesión dos seguintes títulos:

  • Licenciatura en Medicina e Cirurxía ou Grado de Medicina.
  • Diplomatura Universitaria en Enfermaría ou Grado de Enfermaría.
  • Formación Profesional de Técnico en Emerxencias Sanitarias, certificado de profesionalidade equivalente ou habilitación.
3- ¿Que mais se necesita para participar no programa?
  • Dispoñer dun teléfono móbil con datos.
  • Descargar no teléfono as aplicacións TELEGRAM e URXENCIAS SANITARIAS GALICIA (061) dispoñible para IOS e Android.


4- ¿Cal será o funcionamento do programa?

Dende a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 (CCUSG-061) un Médico Coordinador despois de asistir telefónicamente unha chamada con sospeita telefónica de parada cardiorespiratoria activará o programa “Acude e Axuda”. A partir de entón mobilizaranse os recursos propios que de forma habitual realiza a CCUSG-061 (ambulancias, helicópteros…), completándose neste caso co envío dunha mensaxe a través da aplicación TELEGRAM aos voluntarios do programa. No teléfono móbil dos voluntarios aparecerá unha mensaxe como o seguinte exemplo:


No suposto caso de que o receptor (voluntario) da mensaxe estivese a menos de 10 minutos da dirección facilitada na mensaxe e con dispoñibilidade para acudir ao punto, chamará ao número de emerxencias sanitarias para Galicia “061” comunicando que é un voluntario do Programa Acude e Axuda e que se dirixe ao punto indicado, e seguirá as instrucións que dende a CCUSG-061 lle sexan facilitadas. Pódense dar as seguintes situacións:
  • Que sexa o primeiro voluntario en responder.
  • A CCUSG-061 comunicará ao voluntario que non é necesaria a súa axuda.
5- ¿Cómo se pode usted anotar como voluntario do Programa Acude e Axuda?

A través das distintas organizaciones participantes no programa; vostede deberá pertencer a algunha delas e a organización a que pertenza será a que facilite á FPUSG 061 os seus datos (no momento actual Cruz Vermella, Protección Civil, Empresas de transporte Sanitario que prestan servicio para o 061, FPUSG 061). O programa extenderase en breve a máis entidades.

 

Modificado: 12/03/2018
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida na internet por la Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
rss
container container