Ignorar comandos de fita
Saltar ao contido principal

Logo Corporativo Logo Centro

GUIAS 061 OS BOLECHAS

26/10/2016
O 061 elixe Os Bolechas para a mellorar a formación en primeiros auxilios dos escolares
 
Nesta nova colección, que consta de oito libros, os Bolechas ensinan, coa colaboración do 061 de Galicia, como realizar axeitadamente as técnicas de primeiros auxilios nas situacións máis frecuentes para estas idades. Todos os contos están baseados en textos moi breves que presentan diferentes casos dunha maneira sinxela, atractiva e fundamentalmente visual para facilitar a aprendizaxe.
 
Os libros presentados forman parte dunha colección de seis contos nos que os Bolechas describen como actuar ante aquelas situacións que os máis pequenos adoitan atopar con maior frecuencia: insolacións e queimaduras polo sol, hemorraxias polo nariz, picaduras de abellas, trabadas de animais, feridas con obxectos cortantes e queimaduras. A maiores, esta serie conta cun caderno didáctico para poder repasar o aprendido e cun conto no que os Bolechas coñecen o 061 de Galicia facendo unha visita ás súas instalacións. O director deste servizo, José Antonio Iglesias, subliñou a importancia de saber que, ante unha situación de risco para a saúde, os cativos poden contactar co 061 e alertar ao sistema de emerxencias. A súa chamada pode ser fundamental para minimizar secuelas e incluso salvar vidas.
 
Guías de actuación
 
A continuación poderemos ver as guías. Para visualizalas só ten que pulsar sobre a imaxe. 
 
O 061
os bolechas visitan o 061.png
BRAULIO QUEIMOU A MAN
BRAULIO QUEIMOU A MAN.png
SONIA COLLEU UNHA INSOLACION
Sonia colleu unha insolacion.png
CARLOS SANGRA POLO NARIZ
Carlos sangra polo nariz.png
LOLI CORTOUSE CUN VIDRIO
Loli cortouse cun vidrio.png
A PILI TRABOUNA UN CAN
=
A Pili trabouna un can.png
A TATÁ PICOUNO UNHA ABELLA
A Tatá picouno unha abella.png
CADERNO DE ACTIVIDADES
Caderno de actividades.png
 
 
Modificado: 26/10/2016
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida na internet por la Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
rss
container container