Ignorar comandos de fita
Saltar ao contido principal

Logo Corporativo Logo Centro

Atención a xordos

11/08/2015
Horario de atención servicio Bildtec
 
Inverno. 21 de Septembro a 21 de Xuño. De 09:00 a 14:00 horas
Verán. 22 de Xuño a 20 de Septembro. De 09:00 a 17:00 horas
 
Cando chamar ao O61?
 
Banner Atencion Xordos-01.png

 
BotonVideollamadaSordos.png
 
Banner Atencion Xordos-01.png 
 
Debe vostede chamar ao O61 ante calquera situación de EMERXENCIA OU URXENCIA SANITARIA:
Unha emerxencia sanitaria é aquela situación na que a vida dunha persoa pode estar en perigo.
Son exemplo de emerxencia médica, entre outras:
- Accidentes de tráfico ou de calquera outro tipo con feridos graves (aqueles que presenten golpes ou feridas de importancia, sangrados ou hemorraxias, queimaduras, alteración de consciencia, atranco no vehículo,....)
- Perdas ou alteracións severas do estado de conciencia
- Dor torácica de aparición brusca
Parálise ou alteracións bruscas da sensibilidad nunha parte do corpo
Dificultade importante para respirar
- Intoxicacións por substancias (sólidos, líquidos ou gases)
- Afogamentos
 
É unha urxencia sanitaria aquella situación onde previsiblemente é necesaria asistencia sanitaria pero na que a vida da persoa non corre perigo.
- Febres altas
- Vómitos continuos ou con presenza de restos de sangue
- Diarreas importantes ou con presenza de sangrado
- Dores importantes en localizacións diferentes do tórax (a dor no tórax é unha emerxencia)
 
Información a transmitir ao servizo de emerxencias:
Que é o que pasou
Onde se atopa a persoa ou persoas que necesitan axuda
Cantas personas necesitan axuda e como se encontran
Existen perigos no lugar que deban ser controlados ademais de prestar asistencia sanitaria? (presenza de incendios, riscos de escape de substancias químicas, atrancos de feridos, persoas violentas, necesidade de rescate...)
 
 
Cando chamar ao 9O2 4OO 116?
 
Banner Atencion Xordos-01.png


 
BotonVideollamadaSordos.png
 
Banner Atencion Xordos-01.png
Pode vostede chamar ao número de consulta sanitaria, 9O2 4OO 116:
 
- Ante calquera dos síntomas descritos no apartado de urxencias, cando se presentan de forma leve. 
- Asesoramento sobre medicamentos 
- Asesoramento sobre anticoncepción
Consultas sobre vacinación
Consultas sobre manexo de dispositivos de medición
- Consultas sobre resultados de análises
- Consultas sobre dietas en situacións patolóxica
- Asesoramento sobre preparación de probas médicas
 
Modificado: 02/05/2016
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida na internet por la Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
rss
container container