h1

/DPXerais/marta%20inditex.jpg​​

O pasado 29 de setembro, co gallo do Día mundial do corazón, persoal médico e enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazouse ata a sede que Inditex ten en Arteixo para realizar unha xornada de adestramento en RCP (reanimación cardiopulmonar básica) para persoal que traballa nas instalacións.

Por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 participaron 13 instrutores de soporte vital básico procedentes das bases medicalizadas de Monforte de Lemos, A Coruña, Vigo e Pontevedra.

Tras a realización dunha breve charla e a presentación dun vídeo sobre como actuar ante unha parada cardiorrespiratoria, cada instrutor do 061 explicou aos traballadores, que se colocaron por parellas, as manobras básicas de RCP que, despois, practicaron con bonecos de simulación avanzada.

Ao final de cada adestramento, premiouse aos que realizasen as manobras de RCP de maneira máis idónea. A xornada finalizou cunha visita guiada polas instalacións para o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.