h1

DPXerais/colaboracion-ruta-enfermera-02.JPG​​

Os pasados días 20, 21 e 22 de setembro a Ruta Enfermeira estivo na cidade de Lugo e contou coa colaboración de Susana Rodríguez Barreiro, enfermeira da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que impartiu unha charla sobre a importancia dos primeiros intervenientes na realización da reanimación cardiopulmonar (RCP), seguida dun taller práctico.

A Ruta Enfermeira é unha campaña de promoción da saúde e visibilidade dos coidados enfermeiros que impulsa o Consello Xeral de Enfermería, xunto con todos os colexios provinciais.

Durante esta campaña un gran tráiler sanitario percorre España para fomentar os hábitos saudables entre todas as persoas e sensibilizar á poboación sobre o labor esencial das enfermeiras e os enfermeiros ao longo de todas as etapas da vida.

O tráiler enfermeiro conta con diferentes espazos co obxectivo de axudar, educar en saúde e potenciar o autocuidado. Nestes espazos móstranse contidos tan destacados como a lactación materna, a diabetes e a xestión do estrés, entre outros, que están dirixidos á poboación xeral, ademais das propias enfermeiras e enfermeiros.​