h1

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 realizou a primeira Xornada de Puertas Abertas para familiares de traballadores da Central de Coordinación e da área de Xestión da Estrada a finais do pasado mes de xuño. Ata as instalacións do CIAE da Estrada achegáronse preto de 85 persoas que acudiron en dúas quendas. 

As visitas organizáronse en dous partes, a primeira consistiu nunha presentación na que a directora da Fundación, Adriana Regueira Pan, explicou como funciona o servizo público de urxencias e emerxencias sanitarias galego desde que se recibe unha chamada na Central de Coordinación ata que finaliza o servizo. Tras a presentación, todos os asistentes achegáronse ata unha das ambulancias asistenciais de soporte vital básico que se desprazou ata A Estrada, para despois visitar a Central de Coordinación. 

Na segunda parte da visita, explicouse, de maneira breve, como se realizan as manobras de soporte vital básico coa axuda de varios bonecos. Finalmente, realizouse un concurso de reanimación cardiopulmonar básica entre todos os asistentes.