As visitas organizáronse en dous partes, a primeira consistiu nunha presentación na que a directora da Fundación, Adriana Regueira Pan, explicou como funciona o servizo público de urxencias e emerxencias sanitarias galego desde que se recibe unha chamada na Central de Coordinación ata que finaliza o servizo. Tras a presentación, todos os asistentes achegáronse ata unha das ambulancias asistenciais de soporte vital básico que se desprazou ata A Estrada, para despois visitar a Central de Coordinación.
Na segunda parte da visita, explicouse, de maneira breve, como se realizan as manobras de soporte vital básico coa axuda de varios bonecos. Finalmente, realizouse un concurso de reanimación cardiopulmonar básica entre todos os asistentes.