h1

As arcas de catástrofes conteñen material para prestar asistencia de soporte vital avanzado (SVA) cando nunha situación de incidentes de múltiples vítimas (IMV) se estime que poida haber máis de cinco feridos críticos.

O material que contén permite asistir ata quince feridos en estado crítico.

Dotación:​

  • Arcas de catástrofes para ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado (AA-SVA​):
    Localizadas en todas as bases e co seguinte material:
    • Arca de sinalización (amarelo): tarxetas, bandeiras e plásticos de triaxe, lámpadas e triángulos de sinalización, cinta de balizamento e puntos de iluminación.
    • Arca de respiratorio (azul): con medicación e funxible.
    • Arca de circulatorio (vermello): con material funxible, material de desinfección, suturas e soros.
  • Arca​ de helicópteros:
    Ubicadas nas bases das aeronaves medicalizadas. Trátase dunha arca única, de menor tamaño (por razóns de espazo) con material de respiratorio, circulatorio e medicación. 

Situación:
As arcas sitúanse en lugares estratéxicos dentro das áreas de influencia das AA-SVA, accesibles para as ambulancias asistenciais de soporte vital básico co fin de poder desprazalas en caso de necesidade.