h1

Foto_Noticia.jpg 
Durante os días 17 e 19 de novembro, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 participou en Sedexpo (Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias) que tivo lugar na Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda en Pontevedra.

Trátase da primeira feira destas características que se celebra en España, que contou coa presenza de 284 firmas expositoras, procedentes de 26 países. En Sedexpo participaron entidades e departamentos da Xunta de Galicia e a Administración Central, as forzas e corpos de seguridade do Estado e diferentes empresas que organizaron conferencias, talleres, presentacións, exhibicións e simulacros. 

Así, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 realizou talleres de soporte vital básico e de desfibrilación externa semiautomática, desde os que difundiu a importancia da realización temperá de manobras de reanimación cardiopulmonar básica para mellorar a supervivencia e as posibles secuelas.