h1

EMS_Angels_Awards3.jpg 
No transcurso da celebración do XXXII Congreso Nacional Semes 2022, celebrado en Vigo, o comité dos EMS Angels Awars concedeu o máximo galardón á base medicalizada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 en Ourense que presentou a súa candidatura coa inclusión dos datos de tempos, asistencia e estándares de calidade na atención do ictus. Coa entrega deste premio, recoñécese o labor e o amplo cumprimento dos obxectivos establecidos do servizo público de urxencias sanitarias en Ourense.

Os EMS Angels Awards son os premios que outorga a Iniciativa Angels aos servizos de emerxencias comprometidos coa calidade asistencial do ictus e que cumpren criterios de calidade europeos. Considerando que o Plan de acción para o ictus en Europa 2018-2030 destaca a importancia do control de calidade como método para estandarizar a práctica clínica e diminuír os erros, estes premios deseñáronse para o recoñecemento a todos aqueles equipos que o consigan.