h1

Proyección ALERTA HIPOGLICEMIA.jpg

 
Desde o mes de febreiro de 2022, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 conta cun rexistro para a identificación de persoas con hipoglicemia causada por metabolopatías que permite coñecer que as persoas a asistir no caso dunha urxencia ou unha emerxencia padecen esta patoloxía.
 
Ter constancia desta doenza é fundamental para os médicos que atenden estes pacientes porque a administración da medicación axeitada pode resultar vital, xa que estes enfermos non responden aos medicamentos habitualmente dispensados.
 
O rexistro conta, inicialmente, coa colaboración da Unidade de diagnóstico e tratamento de enfermidades metabólicas hereditarias do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela como centro de referencia de esta enfermidade pouco frecuente a nivel nacional.