h1

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pon á disposición do cidadán o servizo de consulta sanitaria a través do teléfono 902 400 116, cuxa actividade é atendida por persoal de enfermería.


Deste xeito intégrase nunha mesma sala operativa a xestión da urxencia e a emerxencia extrahospitalaria, o transporte sanitario e a consulta sanitaria non urxente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na Consulta Sanitaria 902 400 116 trabállase para resolver cuestións como as seguintes:

Dúbidas sobre:

  • Trámites e consultas administrativas.
  • Enfermidades: formas de contaxio, signos e síntomas e coidados de enfermaría relacionados.
  • Fármacos e produtos sanitarios.
  • Preparación de probas diagnósticas: analíticas sanguíneas, colonoscopias, ecografías, ecocardiogramas, etc.
  • Dietas.
  • Exercicio físico e hábitos de vida saudable.
  • Anticonceptivos.
  • Vacinas: calendario de vacinas infantil, reaccións a vacinas e coidados relacionados.
Coidados de enfermaría:
  • Persoas con problemas crónicos.
  • Coidados de enfermaría no embarazo e lactancia.
  • Coidados a pacientes con alteracións da mobilidade.
  • Coidados relativos ao deterioro da integridade cutánea e/ou mucosa: queimaduras, feridas, férulas, xesos…
  • Caídas no domicilio.
  • Problemas gastrointestinais.
  • Dor bucodental.
  • Alteracións na pel.
  • Queimaduras.
Consultas sobre:
  • Información e coidados.
  • Actuación ante incidencias.
  • Actuación ante hematurias, oligurias, anurias...
  • Mobilización de enfermeiro para solución en domicilio.
  • Activación de un recurso de transporte sanitario para traslado ao centro útil de referencia.
  • Osíxeno domiciliario.
  • Glucómetros: interpretación de mensaxes de display, formas de uso, etc.