h1

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 participou, o pasado día 11 de novembro nun simulacro organizado polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que tivo lugar no túnel do Sartego, en Fene, na autoestrada AP-9.

No simulacro, que se realizou entre as 23:00 horas do xoves, día 11 de novembro, e as 02:00 horas, do venres día 12, entre os concellos de Fene e Neda (A Coruña) participaron -ademais de Urxencias Sanitarias 061-, Audasa, Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Garda Civil de Tráfico, bombeiros de Ferrol e Sacyr Conservación.

O simulacro consistiu na simulación dunha colisión entre dous vehículos que provocou un incendio con cinco feridos. En total, participaron preto de 50 persoas.

Este tipo de accións, que se realizan periodicamente e de xeito programado, constitúen accións formativas de gran importancia que permiten mellorar a actuación en situacións de emerxencia, e que resultan vitais para garantir á cidadanía unha asistencia óptima.