A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 obtivo a categoría Diamante nos premios EMS Angels 2021. A iniciativa Angels introduce un sistema de premios de tres niveles que consiste en: Premios EMS Ouro, Platino e Diamante.
Este premio será entregado o día 27 de outubro de 2021 nunha cerimonia que terá lugar durante o congreso da EUSEM (European Society For Emergency Medicine) en Lisboa.
Os Premios Angels aos Servizos de Emerxencias Médicas están destinados a recoñecer e honrar aos equipos e persoas comprometidos coa práctica do ictus e a establecer unha cultura de monitoraxe continua.
O Plan de Acción para o Ictus en Europa 2018-2030 destaca a importancia do control de calidade, que permite aos equipos médicos estandarizar, controlar e modificar a súa práctica así como detectar posibles erros no marco do percorrido do paciente con ictus para garantir así unha prestación de servizos adecuada a nivel rexional e nacional.
Os premios Angels aos servizos de emerxencias médicos teñen como obxectivos:
-
Poñer en práctica un control de calidade dos profesionais de atención prehospitalaria do ictus.
-
Estandarizar e optimizar a atención prehospitalaria de ictus.
-
Crear comunidade de servizos de emerxencias médicas a nivel nacional e internacional.
-
Recoñecer aos profesionais de atención prehospitalaria do ictus que de mostren un funcionamento óptimo.