h1

Chamamos dor torácica á molestia ou dor sentida en calquera punto do peito, entre o colo e a parte alta do abdome.

Hai moitas causas e orixes posibles que poden producir a dor torácica. Algunhas non son perigosas para a saúde, pero outras poden ser serias e, incluso, ter complicacións importantes. Sen lugar a dúbidas, os problemas de corazón son as causas que máis angustian a quen os padece.

Os síntomas máis típicos da dor de orixe cardíaca son:

  • Aparición brusca.
  • Localizándose na zona central ou esquerda do tórax.
  • Sensación de opresión ou “de peso”.
  • Pode estenderse cara ás costas, o brazo esquerdo, o colo e a mandíbula.
  • Case nunca varía as súas características cos cambios de postura nin coa palpación.
  • Pode acompañarse, ademais, de suor frío, palidez, náuseas, vómitos mareos e/ou dificultade para respirar.

Que facer:
  • Manteña a calma.
  • Chame rapidamente ao 061.
  • Repouse sentado ou recostado.
  • Afrouxe a roupa (gravatas, colos de camisa, cintos, sosténs…).
  • Segue as indicacións que reciba desde o 061.

Que evitar:
  • Desprezar a importancia deste tipo de molestias.
  • Dirixirse directamente ao hospital sen alertar ao 061.
  • Realizar esforzos físicos antes de consultar.