h1

Pola súa gran frecuencia nas nosas estradas e a potencial gravidade das súas consecuencias, os accidentes de tráfico téñense convertido nunha das “pragas” do noso tempo. Son sucesos ante os cales, se somos testemuñas ou estamos implicados, convén ter claras unha serie de normas básicas de actuación.


Que facer:

  • Deteña sosegadamente o seu vehículo fóra da calzada, nun lugar no que non poida provocar máis accidentes.
  • Póñase un chaleco de alta visibilidade.
  • Sinalice a zona cos triángulos de perigo ou coas balizas luminosas de emerxencia.
  • Achéguese prudentemente, tratando de facer unha primeira valoración do accidente: número e tipo de vehículo (camión, utilitario, moto...), número aproximado e estado dos feridos.
  • Chame ao 061. Manteña a calma e facilite á persoa que lle atenda TODA a información que lle solicite. Resulta imprescindible para facer chegar ao punto os medios de atención adecuados á maior brevidade.
  • Advirta se existe algún risco engadido polas circunstancias dos vehículos ou polo tipo de carga que transportan.
  • Se algún dos vehículos estivera incendiado, afástese a unha distancia prudente para poñerse a salvo dunha posible explosión.
  • Unha vez requirida dita información, ao mesmo tempo que a asistencia está saíndo cara onde vostede se atopa, un médico, desde o outro lado do teléfono, daralle uns consellos básicos de doada realización, que lle poden ser moi útiles.
  • Axude aos feridos conforme lle teñan indicado desde o 061.
Que evitar:
  • Deteñer precipitadamente o seu vehículo en calquera lugar.
  • Se cando chega ao accidente non é necesaria a súa colaboración, continúe o seu camiño. 
  • Descoidar os seus movementos: podería ser atropelado. Nunca arrisque a súa vida tratando de acceder a lugares perigosos.
  • Se hai un ferido de moto e leva casco, non llo retire se non sabe exactamente como facelo.
  • Mobilizar feridos con sospeita de traumatismos nas costas: podería provocarlles graves lesións medulares.
  • Trasladar os feridos no seu vehículo particular.
  • Achegarse a un vehículo en chamas. Nunca fume nas proximidades dun accidente.