A área de investigación constitúe unha das prioridades da carta de servizos da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Existe un número importante de patoloxías, exclusivas e continuamente en evolución, que requiren coñecer o que estamos a facer e as posibilidades de mellora.
Desde o punto de vista científico resulta esencial fundamentar que as técnicas diagnósticas e terapéuticas que empregamos tradúcense nun impacto significativo sobre a calidade de vida dos pacientes.
Liñas de investigación xerais:
- Progaliam.
- Simulación robótica avanzada.
- Seguridade do paciente.
- Desfibrilación externa semiautomática.
- Asistencia ao politraumatizado.
- Parada cardiorrespiratoria:
- Cunha base de rexistro propia e integrado nun Proxecto de investigación coordinado no que participan trece comunidades autónomas (Oshcar).
- Mapa da PCR en Galicia.
- Proceso integral de atención á PCR.
- Indicadores de resultados en saúde da formación do persoal sanitario.
- Eficiencia e impacto do programa Alerta Escolar e RCP na Aula.
- Manexo prehospitalario do ictus.
Liñas de investigación prioritarias:
- Proxecto de investigación IMPACTE: estudo de patoloxías tempo dependentes en pacientes atendidos polos servizos de emerxencias nacionais. Inclúe: infarto agudo de miocardio, PCR, ictus, trauma grave e edema agudo de pulmón.
- Resultados do Programa de desfibrilación externa semiautomática en Galicia: liña de investigación absolutamente imprescindible, tanto por ser pioneiros na súa implantación nacional como pola casuística actual.
- Éxitus sen RCP e PCR non esperadas: liña de investigación fundamental, liderada polo persoal investigador da Central de Coordinación. Non soamente para obter resultados publicables, senón para lograr datos que melloren a atención e xestión con outros niveis do sistema de saúde.