h1

A área de investigación constitúe unha das prioridades da carta de servizos da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Existe un número importante de patoloxías, exclusivas e continuamente en evolución, que requiren coñecer o que estamos a facer e as posibilidades de mellora. 

Desde o punto de vista científico resulta esencial fundamentar que as técnicas diagnósticas e terapéuticas que empregamos tradúcense nun impacto significativo sobre a calidade de vida dos pacientes.


Liñas de investigación xerais:  

  • Progaliam.
  • Simulación robótica avanzada.
  • Seguridade do paciente.
  • Desfibrilación externa semiautomática.
  • Asistencia ao politraumatizado.
  • Parada cardiorrespiratoria:
    • Cunha base de rexistro propia e integrado nun Proxecto de investigación coordinado no que participan trece comunidades autónomas (Oshcar).
    • Mapa da PCR en Galicia.
    • Proceso integral de atención á PCR.
  • Indicadores de resultados en saúde da formación do persoal sanitario.
  • Eficiencia e impacto do programa Alerta Escolar e RCP na Aula.
  • Manexo prehospitalario do ictus.

 

Liñas de investigación prioritarias:  

  • Proxecto de investigación IMPACTE: estudo de patoloxías tempo dependentes en pacientes atendidos polos servizos de emerxencias nacionais. Inclúe: infarto agudo de miocardio, PCR, ictus, trauma grave e edema agudo de pulmón.
  • Resultados do Programa de desfibrilación externa semiautomática en Galicia: liña de investigación absolutamente imprescindible, tanto por ser pioneiros na súa implantación nacional como pola casuística actual.
  • Éxitus sen RCP e PCR non esperadas: liña de investigación fundamental, liderada polo persoal investigador da Central de Coordinación. Non soamente para obter resultados publicables, senón para lograr datos que melloren a atención e xestión con outros niveis do sistema de saúde.