h1

O día 18 de febreiro iniciouse a vacinación fronte á covid-19 do persoal en activo que traballa no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) de Galicia no concello da Estrada. A primeira dose de vacinas foi administrada ao persoal sanitario e non sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, persoal da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), persoal do 112 e traballadores doutros servizos de concesión pública como persoal de operación telefónica, mantemento e limpeza.
 
A vacinación deste persoal realízase segundo a orde de prioridade establecida pola Dirección Xeral de Saúde Pública do Servizo Galego de Saúde (Sergas), considerado como persoal con función esencial para a sociedade ao traballar no único centro integral de asistencia ás emerxencias na Comunidade galega.
 
En función do cumprimento das previsión establecidas pola Dirección Xeral de Saúde Pública do Sergas está previsto que a segunda dose das vacinas se administre a partir das catro semanas desde a administración da primeira dose.