h1

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 organizou, o pasado 30 de setembro, unha xornada sobre os 30 anos de transporte sanitario urxente aéreo en Galicia. O acto tivo lugar no salón de actos da Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada.

Na xornada, que foi moderada pola directora asistencial do 061 de Galicia, a Dra. Adriana Regueira Pan, participaron a Dra. Rosario García Rúa, médico da base medicalizada do 061 en Santiago de Compostela; Porfirio Muñoz Pasamontes, comandante piloto de Babcock Mission Critical Services España; o Dr. David Sánchez Campos, xefe da base medicalizada do 061 en Ourense e o Dr. Ignacio Garrote Moreno, médico de emerxencias do Servizo de Saúde de Castilla-La Mancha.

A Dra. Rúa referiuse aos comenzos do servizo do helicóptero de emerxencias médicas en Galicia e á evolución do servizo ata a actualidade, subliñando a participación deste recursos nos incidentes de múltiples vítimas.

O Dr. Ignacio Garrote baseou o seu relatorio no presente e o futuro dos helicópteros de emerxencias médicas. Presentou os novos modelos de helicópteros para o transporte exclusivo sanitario, as melloras dos aparellos sanitarios en vo e o manexo de pacientes con patoloxías específicas.

Porfirio Muñoz, pola súa parte, centrouse na evolución dos helicópteros e as súas tripulacións, especialmente no relativo a prestacións, seguridade e especialización dos profesionais neste tipo de servizos.

O Dr. David Sánchez presentou a actividade dos helicópteros sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nos últimos anos, así como a tipoloxía das emerxencias atendidas e a evolución observada nos últimos anos.

Por último, o Dr. José Garrote falou sobre a formación, a simulación e o perfil profesional do persoal sanitario nos helicópteros medicalizados. Ademais, subliñou a importancia da simulación na formación individual e de equipos para a especialización en emerxencias atendidas por aeronaves medicalizadas.