h1

O Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, creado en 2002, é o responsable de xestionar a formación, actualización e capacitación dos profesionais, ​tanto a nivel individual como de equipo.


Entre os seus obxectivos atópanse: facilitar a formación para implementar novos programas asistenciais, transformar en realidade proxectos de mellora mediante accións formativas e dar resposta ás necesidades de fortalecemento de áreas concretas.


O servizo está estruturado de forma descentralizada, por toda Galicia, a través da Comisión de docencia. A secretaría técnica sitúase no Centro Integral de Atención ás Emerxencias da Estrada.