h1

Os requisitos necesarios para poder contestar unha solicitude de información, queixa ou reclamación están recollidos na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Os informes sobre servizos so poderán ser facilitados nos seguintes casos:

  • Cando o solicite o propio paciente: neste caso, deberá enviar unha solicitude asinada e xuntar unha fotocopia do DNI.
  • Cando o solicite un familiar do paciente (estando este incapacitado ou falecido) ou representante legal deste: neste caso, aparte da solicitude asinada e a fotocopia do DNI, deberá enviar documentación que acredite o parentesco co paciente ou a súa representación legal.
  • Cando o solicite o Defensor do Pobo, o Ministerio Fiscal, os xuíces ou tribunais ou o Tribunal de Contas, no exercicio das funcións que ten atribuídas.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En base a esta lei, os informes serán enviados ao solicitante por correo certificado, polo que se deberá facilitar unha dirección de correo postal

Descargar modelo Folla de reclamación e achegas