O 12 de maio celébrase o Día Internacional da Enfermería en honor a Florence Nightingale, fundadora da enfermería moderna. Esta celebración resulta especialmente relevante neste 2020 que a Organización Mundial de la Salud declarou Ano Internacional das Enfermeiras e Matronas.
Desde a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 queremos agradecer a todas as enfermeiras e enfermeiros a súa dedicación, constancia e esforzo diario, sobre todo nas últimas semanas polo seu traballo fronte á pandemia do Covid-19