h1

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 resultou finalista na entrega dos III Premios de Boas Prácticas en Xestión que concede o Club Excelencia en Xestión. O acto, que tivo lugar o pasado día 30 de outubro en Madrid, realizouse durante o evento Premios Anuais de Xestión. Transformando a Excelencia.
 
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 presentou o programa Alerta Escolar Crecemos cos nosos nenos, na categoría de sanidade, que resultou finalista xunto con MC Mutual polo súa app de hábitos saudables. O premio, na categoría sanitaria, recalou no Hospital Universitario Infanta Elena polo uso do big data para a resolución de consultas externas.
 
Todas as organizacións que resultaron finalistas recibiron un diploma de recoñecemento ao seu traballo que foi avaliado por un comité técnico integrado por 27 expertos en xestión.
 
O Club Excelencia en Xestión é unha asociación empresarial dedicada a transformar a xestión e mellorar os resultados corporativos das organización. En total, premiáronse cinco proxectos nas categorías de: universidade, educación, sanidade, pyme e grande organización ás que se presentaron 90 organizacións.
 
Coa entrega destes premios trátase de recoñecer, fomentar e potenciar a difusión das prácticas dunha xestión excelente, innovadora e sostible das organizacións en calquera sector a través do intercambio de coñecemento e experiencias.