h1

Son ambulancias cuxo equipamento e dotación permite prestar asistencia sanitaria in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado.

As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado (SVA) con médico prestan servizo as 24 horas, os 365 días do ano. Están en contacto permanente coa central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a través de teléfono, radio e sistema de localización por GPS.

As ambulancias asistenciais de SVA con enfermería prestan servizo 12 horas, os 365 días do ano. Están en contacto permanente coa central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a través de teléfono, radio e sistema de localización por GPS.

O persoal das ambulancias asistenciais de SVA asume o mantemento da operatividade do recurso, a autoxestión da medicación e material funxible, e o mantemento da base, así como o seguimento da adecuada utilización dos DESA por parte de persoal non médico. Tamén colabora na realización de cursos de formación en urxencia extrahospitalaria na súa área de influencia, ademais do mantemento do material para incidentes de múltiples vítimas e desenvolvemento de protocolos de actuación ante situacións de catástrofes.