- Un condutor técnico en emerxencias sanitarias (TES).
- Un axudante TES.
Estas ambulancias dan cobertura á poboación galega, as 24 horas do día, os 365 días do ano. Están en contacto permanente coa central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a través de teléfono, radio e sistema de localización por GPRS.
Poñen a disposición da poboación a realización da desfibrilación nos tempos recomendados polas sociedades científicas. Para isto, todos vehículos dispoñen de desfibrilador semiautomático externo (DESA) e persoal con formación no seu manexo, así como material de mobilización e inmobilización de pacientes traumatizados.
O equipamento das ambulancias asistenciais de soporte vital básico é supervisado de forma periódica, co fin de garantir que as ambulancias cumpran, en todo momento, cos requisitos de calidade esixidos nos pregos de contratación.