h1

Nove monitores en reanimación cardiopulmonar básica (RCP) de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 participaron, os días 25 e 26 de abril, nunhas xornadas de formación para preto de 450 nenos que estudan educación secundaria no concello de Sanxenxo.
 
A xornada, organizada pola Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias-Galicia, ensinou aos estudantes e persoal docente e administrativo dos centros IES Sanxenxo, Colexio Abrente e IES Vilalonga a recoñecer unha parada cardiorrespiratoria, a alertar aos servizos de emerxencias sanitarias e a iniciar as manobras de RCP.
 
Trátase dunha acción formativa na que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 vén colaborando coa Sociedade Española de Urxencias e Emerxencias-Galicia  ao longo dos últimos anos, xa que as os máis recentes estudos sobre a formación en reanimación cardiopulmonar básica en nenos mostran que a aprendizaxe máis efectiva prodúcese a partir dos 12 anos. É a ista idade, cando os nenos teñen maior capacidade de asimilación e recordo destas técnicas, á vez que son os mesmos nenos os que actúan como formadores en RCP doutras persoas, como familiares e coñecidos.
acto.jpg
 acto2.jpg