h1

O 061 elixe os Bolechas para mellorar a formación dos escolares en primeiros auxilios.

Nesta nova colección, que consta de oito libros, os Bolechas ensinan, coa colaboración do 061 de Galicia, como realizar axeitadamente as técnicas de primeiros auxilios nas situacións máis frecuentes para estas idades. Todos os contos están baseados en textos moi breves que presentan diferentes casos dunha maneira sinxela, atractiva e fundamentalmente visual para facilitar a aprendizaxe.

Os libros presentados forman parte dunha colección de seis contos nos que os Bolechas describen como actuar ante aquelas situacións que os máis pequenos adoitan atopar con maior frecuencia: insolacións e queimaduras polo sol, hemorraxias polo nariz, picaduras de abellas, trabadas de animais, feridas con obxectos cortantes e queimaduras. A maiores, esta serie conta cun caderno didáctico para poder repasar o aprendido e cun conto no que os Bolechas coñecen o 061 de Galicia facendo unha visita ás súas instalacións.

Guías de actuación

Os bolechas visitan o 061      Braulio queimou a man
Sonia colleu unha insolación      Carlos sangra polo nariz
Loli cortouse cun vidro      A Pili trabouna un can