A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pon á disposición do cidadán o servizo de consulta sanitaria a través do teléfono 902 400 116, cuxa actividade é atendida por persoal de enfermería.
Deste xeito intégrase nunha mesma sala operativa a xestión da urxencia e a emerxencia extrahospitalaria, o transporte sanitario e a consulta sanitaria non urxente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Na Consulta Sanitaria 902 400 116 trabállase para resolver cuestións como as seguintes:
Dúbidas sobre:
- Trámites e consultas administrativas.
- Enfermidades: formas de contaxio, signos e síntomas e coidados de enfermaría relacionados.
- Fármacos e produtos sanitarios.
- Preparación de probas diagnósticas: analíticas sanguíneas, colonoscopias, ecografías, ecocardiogramas, etc.
- Dietas.
- Exercicio físico e hábitos de vida saudable.
- Anticonceptivos.
- Vacinas: calendario de vacinas infantil, reaccións a vacinas e coidados relacionados.
Coidados de enfermaría:
- Persoas con problemas crónicos.
- Coidados de enfermaría no embarazo e lactancia.
- Coidados a pacientes con alteracións da mobilidade.
- Coidados relativos ao deterioro da integridade cutánea e/ou mucosa: queimaduras, feridas, férulas, xesos…
- Caídas no domicilio.
- Problemas gastrointestinais.
- Dor bucodental.
- Alteracións na pel.
- Queimaduras.
Consultas sobre:
- Información e coidados.
- Actuación ante incidencias.
- Actuación ante hematurias, oligurias, anurias...
- Mobilización de enfermeiro para solución en domicilio.
- Activación de un recurso de transporte sanitario para traslado ao centro útil de referencia.
- Osíxeno domiciliario.
- Glucómetros: interpretación de mensaxes de display, formas de uso, etc.