Son aeronaves cuxo equipamento permite prestar asistencia médica in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado.
O equipo humano que integra cada helicóptero medicalizado consta de:
- un médico con formación específica en urxencias e emerxencias.
- un diplomado en enfermaría con formación específica en urxencias e emerxencias.
- un piloto con experiencia en emerxencias.
- un copiloto con experiencia en emerxencias.
Estas aeronaves medicalizados prestan servizo de orto a ocaso, os 365 días do ano. Contratados pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a súa actividade é exclusivamente sanitaria e manteñen contacto directo coa central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Os helicópteros medicalizados do 061 están situados en Santiago de Compostela e Ourense.
Ademais destes dous helicópteros, cóntase co apoio das aeronaves da Consellería do Mar, capacitadas para o voo nocturno e con base en Celeiro (Viveiro) e Vigo.