h1

O Servizo de Calidade e Relación co Usuario comprométese a levar a cabo a:

  • Recepción e rexistro de todas as solicitudes dos usuarios.
  • Notificar a recepción do escrito recibido: o persoal do servizo porase en contacto co usuario notificándolle a recepción da súa solicitude, informándoo das xestións que se van a realizar e do tempo de resolución estimado da súa solicitude. A notificación da recepción farase nun tempo non superior ás 72 horas en días hábiles.
  • Xestionar as respostas aos usuarios: unha vez reunida e analizada toda a documentación necesaria elabórase un informe de resposta que será enviado ao usuario por escrito vía correo certificado con acuse de recibo. Esta resposta será remitida nun prazo non superior a 15 días hábiles; no caso de que concorreran circunstancias que puideran demorar dita resposta, serán comunicadas ao solicitante.
  • Informar ao solicitante do resultado da valoración da súa reclamación ou achega e das medidas adoptadas para mellorar a calidade dos servizos prestados á poboación.