h1

O pasado venres 24 de xullo, a Xunta de Galicia fixo entrega da Medalla de Ouro de Galicia ao conxunto de profesionais da sanidade galega polo traballo realizado durante os pasados meses na pandemia da Covid-19. O galardón foi recollido por unha ampla representación dos profesionais premiados. En nome da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiu o director de Coordinación, Dr. Román Gómez Vázquez.

Excepcionalmente, este ano outorgouse unha única Medalla de Ouro de Galicia aos profesionais da sanidade galega implicados na atención aos pacientes da Covid-19.

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou que "houbo entrega, solidariedade e compromiso. En cada paciente estaba Galicia. En cada membro do persoal sanitario estaba Galicia. Galicia soubo coidar de Galicia".